Tuesday 21 de May de 2024

Entrega de recoñecemento do alcalde


Hoxe o alcalde, Benigno Galego, fixo entrega a Pilar Martínez dunha placa en agradecemento ao seu labor no Concello todos estes anos, concretamente no Servizo de Axuda no Fogar. Pilar comezou a traballar con nós en setembro do ano 2009 e desde entón sempre estivo disposta a axudar á veciñanza.